MUÍÑO DE 6
Os xogos de muíño son xogos de orixe exipcio que tamén aparecen recollidos no Libro dos Xogos de Afonso O Sabio, xa que foron moi estendidos en Europa na Idade Media. Existen diferentes variantes pero en esencia o obxectivo do xogo é ficar co maior número posible de fichas sobre o taboleiro, ao tempo que sacas fóra as fichas do/a outro/a xogador/a (o que se acada aliñando 3 fichas propias). Os movementos van espazo a outro contiguo seguindo a liña, sempre que o espazo estea libre. Cada vez que se aliñen 3 fichas dun/a xogador/a, este/a saca unha ficha do/a outro/a (a escoller por quen aliñou as 3 fichas).
Ilustración do Libro dos Xogos
No caso do Muíño de 6 cada xogador/a conta con 6 fichas. No comezo da partida un/ha dos/as xogadores/as comeza colocando 1 ficha, logo tócalle á outra persoa e así alternativamente van colocando as 6 fichas.